BENVIDOS E BENVIDAS A 3ºEP Queridas familias: Benvidos e benvidas a todos e todas a este curso 20/21!! Este ano a volta ao cole non é como nos gustaría que fose pero se algo temos claro é que os nenos e nenas mostránnos cada día que eles/as se adaptan mellor que nós a calquera situación por moi difícil que sexa. Os comezos non sempre son doados, pero a pesar de todas as "incomodidades" a nímovos a ver a volta ao cole como unha oportunidade para readaptarnos a unha nova normalidade. Entre todos/as temos que tentalo! e se facemos equipo (na distancia, por mor das normas e protocolos) conseguirémolo sen dubidar! Por último explicar que o fin deste blog é crear un espazo onde os vosos fillos e fillas poidan compartir coa comunidade educativa do CEIP Couceiro Freijomil algunhas cousiñas que fan durante as xornadas lectivas. Esperemos que sexa do voso agrado. Un saúdo As mestras : _ Remedios Fernández Piñeiro _ Rosalía Iglesias